11.9 C
Santa Comba
domingo, septiembre 24, 2023

Compromiso da Deputación para mellorar o trazado da estrada de Coristanco a Santa Comba

O secretario provincial do PSdeG-PSOE e portavoz socialista na Deputación visitou, xunto cos candidatos a alcaldía de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, e Santa Comba, Alberto Romar, a estrada DP 2904 que serve de conexión entre estes dous municipios.

Tanto os socialistas de Coristanco como os de Santa Comba demandan a mellora do trazado do vial, que conta con algún puntos especialmente perigosos onde se teñen producido accidentes.

Bernardo Fernández comprometeu que a Deputación da Coruña, titular da vía, encargará unestudo de mellora do trazado de cara a eliminar esas zonas perigosas e mellorar a seguridade nunha estrada que rexistra un elevado volume de tráfico ao conectar estas dúas localidades.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos