Gastronomía de calidade e música en directo serán, un ano máis, os ingredientes propostos polo Concello de Muxía para festexar a Festa do Congro.
A celebración comezará desde as 13:00 horas do venres, 7 de abril, coa degustación do congro en especialidades no porto de Muxía. A xornada gastronómica virá amenizada polo grupo musical Xaramiños do Corpiño e a continuación terá lugar a sesión vermú a cargo da Disco móbil CDC.
Na quenda vespertina, a festa contará desde as 18:00 h no cabo da Vila coa actuación musical desde a furgoneta ‘Mimá Truck’. Xa pola noite terá lugar a actuación de ‘Los Coleguitas’ e pecharán a xornada a disco Móbil Mega CDC.
Durante o sábado, desde as 13:00 h o paseo marítimo acollera a degustación do mexillón, así como a Sesión Vermú e Verbena a cargo de Dúo Charada.
Mostra de artesanía no peirao
Ademais, do 4 ao 10 de abril, as persoas visitantes poderán gozar da mostra de artesanía no Porto. Destacar que durante toda a festividade haberá dispoñible unha carpa no caso de climatoloxía adversa.
Tras a presentación, o alcalde Iago Toba, puxo en valor que “apostamos, outro ano máis, por difundir e poñer en valor un produto tan tradicional e arraigado ás nosas raíces como é o congro”.
Nota de prensa do concello de Muxía