14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Unha muller faleceu logo de ser atropelada no concello da Laracha

Informa AXEGA 112

Foto- ACCIDENTE DE XAVIÑA-CAMARIÑAS


Os feitos sucederon contra as 8 horas desta mañá, cando varios particulares informaron ao 112 Galicia dun atropelo no lugar das Rañeiras, en Lestón (A Laracha). Desde o primeiro momento, apuntaban a potencial gravidade da situación.

Unha vez no punto, o persoal de Urxencias de Galicia-061 só puido confirmar o falecemento da implicada.

Para este operativo, os xestores do 112 Galicia informaron, ademais de aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha e aos operarios de conservación da estrada.

Persoa excarcerada en Xaviña – Camariñas


Durante esta madrugada, os Bombeiros de Cee interviñeron para liberar a unha persoa que sufriu unha saída de vía no quilómetro 15 da AC-432, en Camariñas.

O alertador, un particular que chamou ao fío das 2 horas, explicou que o vehículo quedara nunha finca e non observaba a ninguén saíndo do seu interior.

Rapidamente, desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento das estradas.

Unha vez liberada a persoa, o persoal sanitario encargouse de evacuala ao centro hospitalario de referencia.

FOTO- BOMBEIROS COSTA DA MORTE

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos