9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

O PP critica que o goberno local de Muxía non solicitara as axudas de política social da Xunta

A candidata á alcaldía do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, lamentou que goberno local non solicitase as subvencións en materia de política social que ofertou a Xunta de Galicia, o que considera unha oportunidade perdida polo executivo socialista.

“No ano 2020 o Sr. Toba negouse a ceder un local para a creación dunha Casa do Maior e agora nin sequera pide as subvencións que poderían chegar ata os 1,2 millóns de euros, financiados pola Xunta de Galicia, para facer unha residencia, un centro de día ou un centro social” manifestou Vilela.

«4 anos de excusas»

A candidata popular sinala que “levamos 4 anos de excusas, cando no 2020 negouse a ceder un local para unha Casa do Maior, algo que están a facer todos os concellos da contorna, alegaba que estaba disposto a ceder os terreos para a construción dun centro de día e só dous anos despois nin sequera se molesta en pedir a subvención que podería financialo, un exemplo máis de que Muxía perde con este goberno e coa súa xestión cada día”.

Recrimina que o alcalde, Iago Toba presuma de “gastar máis que nunca en política social e temos menos servizos en este ámbito que nunca” con máis gasto e informes desfavorables da intervención.

Anuncian que pedirán explicacións por escrito.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos