Unha das novidades electorais na Costa da Morte é o partido que lidera o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. Alternativa dos Veciños en Fisterra presentou a súa candidatura co apoio do propio “Gelo”, do alcalde de Carral, Javier Gestal e co fisterrán, Juanfran Martínez, que forma parte da executiva do partido.
Como xa adiantamos no seu momento, Áurea Domínguez Sisto será a aspirante a alcaldía. Na presentación afirmou:
“Estou moi contenta e ilusionada co proxecto que fomos capaces de construír e coas persoas que fomos capaces de integrar. Entendemos que fomos quen de conformar un grupo de persoashonradas, transparentes e libres de ataduras, que representan as catro parroquias do municipio e aos seus núcleos de poboación”.
Sinalou tamén que se presenta “ totalmente libre de ataduras. O meu único compromiso é cos veciños e veciñas de Fisterra”.
CANDIDATURA DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS DE FISTERRA
- Áurea Domínguez Sisto, do núcleo de Sardiñeiro.
- Francisco Martínez Traba, do núcleo de Denle.
- Francisco Antonio Lestón Redonda, do nucleo de Sardiñeiro.
- Judith Insua Sánchez, do núcleo de Vigo.
- Sonia Fabregas Riveiro, do núcleo de Fisterra.
- Daniel Marcote Papín, do núcleo de Fisterra.
- Manuela Marcote Boullosa, do núcleo da Insua.
- Carlos Díaz Rey, do núcleo da Anchoa
- María Estela Canosa Martínez, do núcleo de Hermedesuxo.
- Carmen Maria Oroña Canosa, do núcleo de Padrís.
- Jose Raúl Gómez Rivera, do núcleo de San Martiño.
- Rosa Maria Caamaño Vigo, do núcleo do Rial.
- Isidro Soneira Rodríguez, do núcleo de Sardiñeiro.
- Mario Rey Domínguez, do núcleo de Buxán.