Estupendo ambiente na Casa da Cultura de Vimianzo, na presentación da candidatura de Mónica Rodríguez e dos socialistas de Vimianzo. A primeira candidata da zona en facer pública a súa lista completa.
Mónica estaba pendente da súa presentación pero sen dúbida tamén falaba para dúas persoas fundamentais na súa vida, o ex-alcalde Alejandro Rodríguez Lema (tío) e o seu pai Manuel.
«En Vimianzo Creo»
Agradeceu “á miña familia, que tanto lle debo e me arroupa; á miña familia política e tamén mando dous bicos para dúas persoas que non están, pero sempre están. Grazas por acompañarnos nunha viaxe que hoxe comeza coa ilusión intacta, coa de hai catro anos. Crede no noso proxecto, porque eu.… en Vimianzo Creo”.
Rodríguez Ordóñez fixo balance e nomeou accións como a renovación de todas as luminarias do municipio a tecnoloxía LED, a senda de Caxadas a Baíñas, os “avances” en materia de igualdade, a oferta cultural, ou os servizos sociais onde dixo: “Chegamos cun investimento anual de 300.000 euros e xa estamos en máis de 800.000 anuais nunha área que é unha prioridade para nós. Somos o único Concello da Costa da Morte que non ten lista de agarda neste sentido”.
Valorou o apoio da Deputación e recriminou a falta de axuda da Xunta de Galicia.
Estivo acompañada na tribuna pola coordinadora comarcal Paula Mouzo, polo secretario provincial Bernardo Fernández e polo secretario xeral do PsdeG, Valentín González Formoso.
Formoso destacou o traballo da alcaldesa para “converter a Vimianzo nun dos polos económicos mais dinámicos da comarca, un reflexo do municipio que ela lidera”.Tamén a definiu como “unha muller implicada, traballadora, capaz de facer seu cada un dos proxectos”.
Formoso afirmou que dende que chegou á alcaldía, Rodríguez “foi quen de tecer empatía cos veciños, de escoitar, de identificar ben cales son as súas necesidades para poñer en liña a Administración Local”.
LISTA DA CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS 2023
- Mónica Rodríguez, Vimianzo/Calo
- Víctor Manuel Muíño, Baíñas
- María José Pose, Treos
- Miguel Ángel Pérez, Cereixo
- Rosa Blanco, Carnés
- Mario Andújar, Castrelo
- Sergio Miñones, Carantoña
- Manuel Pose, Cambeda
- Beatriz Pazos, Salto
- Josefa Campos, Berdoias
- Martín Rego, Tines
- Ismael Qiuntáns, Serramo
- Irene Blanco, Bamiro
Suplentes: - Paula Mouzo, Calo
- Antonio Miñones, Salto
- Roi Caamaño, Castrelo
- Saira Castiñeira, Cambeda
- Manuel Pose, Treos
- María del Pilar Mouzo, Carnés
- José Pose, Castrelo
- Adriana Lema, Vimianzo
- Manuel Pérez, Cereixo
- Jesús Martínez, Salto