14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Formoso pide esforzo ós seus candidatos para “rematar co caciquismo” en Bergantiños

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, puxo como exemplo á Costa da Morte, onde hai maioría de gobernos socialistas e emprazou aos seus candidatos a “arremangarse” para “rematar co caciquismo” da comarca de Bergantiños.

Candidatos do PSOE en Bergantiños

Nun acto celebrado en Coristanco, expresou o seu apoio a aos candidatos á alcaldía de Laxe, Francisco Vidal, de Cabana, Juan Ramón Varela, de Malpica, Walter Pardo, da Laracha, Palomi Rodríguez, de Ponteceso, Lois García Carballido, de Carballo, Mari Carmen Vila, e o anfitrión de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda.

En clave xeral, González Formoso acusou a Rueda de ir “contra a historia de Galicia”, caracterizada polo “principio de solidariedade” onde “nunca ninguén deixou de botar unha man cando fai falla”.

Denuncia que o presidente da Xunta “equivócase ao facer seguidismo de Ayuso e Moreno Bonilla e actuar en favor dos millonarios. “Equivócase de país, isto non é Andalucía, aquí non hai señoritos andaluces; para buscar unha gran fortuna non hai que ir á feira de abril, senón á feira de Paiosaco”. Referiuse ao recurso da Xunta contra o imposto ás grandes fortunas.

Ao día seguinte de participar na presentación da candidatura de Mónica Rodríguez en Vimianzo, o secretario xeral dos socialistas reivindicou as eleccións municipais para seguir “construíndo país”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos