15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Juan David Sixto liderará a candidatura do BNG en Santa Comba

REPRODUCIMOS A NOTA DE PRENSA ÍNTEGRA REMITIDA DESDE O BNG

O candidato do BNG á alcaldía de Santa Comba, Juan David Sixto, avanza como carta de presentación a súa vontade de que o concello saia da súa parálise para aproveitar os recursos e converterse en referente de dinamismo económico.

Con 43 anos e veciño de San Xoán de Grixoa, Juan David Sixto conta imprimir no concello a mesma confianza na veciñanza e na capacidade para saír do letargo que o impulsou a participar activamente no movemento veciñal de Santa Comba.

Como moitos veciños e veciñas de Santa Comba, Juan David Sixto, desprázase fóra cada día para traballar en Santiago de Compostela nun feito que demostra a poucas oportunidades laborais que hai neste momento no concello. Ese será un dos seus principais retos e un dos eixos do seu programa político, conseguir avanzar con decisión no desenvolvemento económico do concello, aproveitando os seus moitos recursos e converténdose en referente, por exemplo, no sector agrogandeiro e políticas sociais.

O BNG presenta o seu candidato á alcaldía de Santa Comba, Juan David Sixto, co convencemento de que é a mellor opción para transformar un concello que necesita con urxencia un motor que poña a administración local ao servizo da veciñanza. Ideas, ilusión e enerxía son tres dos piares básicos deste xalleiro que conta na súa carta de presentación cunha intensa actividade liderando unha asociación veciñal a través da cal desenvolveu tarefas de carácter informativo e de recuperación e divulgación de tradicións propias da terra, ademais de prestar apoio a veciñas e veciños en distintas actividades relacionadas coas problemáticas das aldeas, en especial, en xestións administrativas co propio concello.

Por todo isto, o candidato nacionalista coñece de primeira man as demandas e urxencias tanto da vila como das aldeas do rural e, ademais de darlle solución quere, a través do programa co que concorre ás eleccións ir máis alá e «poñer en marcha diferentes iniciativas innovadoras que permitan que o Concello avance e se coloque onde debe estar: como referente en aproveitamento agrogandeiro, como referente en políticas sociais e recoñecido en ámbitos distintos: cultural, gastronómico…».

Para este obxectivo, como fixo na súa actividade no asociacionismo, Juan David Sixto parte do convencemento de que «é necesario saír do abandono e converternos nun concello vivo e dinámico en que as veciñas e veciños se sintan parte activa e imprescindíbel no desenvolvemento deste proxecto que parte, como non podía ser doutro xeito, de crer en nós mesmos e de saber que Santa Comba merece máis».

Deixar atrás unha situación crítica e de abandono Juan David Sixto afirma que tantos anos de xestión do PP deixou o concello nunha «situación crítica e de abandono» e quere, por iso, revitalizar a capital da comarca do Xallas que conta, segundo insiste, cun rico patrimonio cultural e natural, capacidade produtiva e unha veciñanza con ganas de vivir nun concello con máis servizos e máis posibilidades e só precisa «un goberno que acredite nos recursos que temos, con ideas novas e un proxecto claro para saír da parálise».

Ofrece a experiencia dunha organización como é o BNG que exemplos de políticas municipais recoñecidas -entre elas, as próximas de Carballo, Zas ou Mazaricos- de transformación integral de aldeas, vilas e cidades, con modelo propio, con proxecto para Santa Comba, con equipo e vontade de cambiar o rumbo e abrir novas posibilidades para o concello.

O candidato do BNG á alcaldía leva xa tempo percorrendo o territorio do concello, escoitando á veciñanza e recollendo directamente as necesidades e demandas para trazar a folla de ruta do seu programa de goberno.

Sumouse, neste sentido, á demanda da comunidade educativa do CRA, ás peticións de veciñas e veciños como intermediario nunha administración que moitas veces se presenta complexa para acceder a servizos e axudas ou ás peticións de maior transparencia e comunicación do goberno municipal.

«Para nós, traballar man a man coas veciñas e veciños é fundamental e neste proceso estamos a tomar nota das moitas necesidades en servizos básicos, infraestruturas e melloras que hai que acometer para centrarnos no importante, en mellorar a vida das persoas», sinala Juan David Sixto que as próximas semanas presentará a toda a poboación de Santa Comba tanto o seu equipo como as liñas estratéxicas para a transformación do concello coas persoas no centro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos