O candidato de Podemos Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, mantivo un encontro coa xerente do Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, para informarse sobre a situación do proxecto do parque empresarial de Laxe.
Del Moral Regaldie explica que o proxecto que “non se levou a cabo por falta de vontade política” é factible de retomar e “só fai falta un compromiso político real e non só electoralista a partires do 28 de maio”.
«Laxe non pode quedar atrás»
“Laxe non pode quedar atrás respecto a outros concellos da bisbarra, sempre e cando estes proxectos sexan respectuosos co medio ambiente” sinalou o candidato.
Desde Podemos Laxe entenden que se trata “dunha infraestrutura que se realizaría cumprindo todos os requisitos medioambientais que esixen hoxe en día as normativas da Unión Europea respecto á transición ecolóxica”, como o fomento do autoabastecemento de enerxía e a reciclaxe das augas. E que incluso hai subvencións desde a Unión Europea.