12.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

O goberno de Muxía anuncia novas actuacións cun remanente de 2,8 millóns de euros

O concello de Muxía dispón de 2.800.000 euros de remanente de tesourería. Así o anunciou o alcalde, Iago Toba, en sesión plenaria.

“Esta é unha mostra máis de que estanse a realizar importantes obras con cargo a remanente sen que este se vexa apenas afectado porque se compensa coa boa xestión económica levada a cabo polo concello”.

O alcalde sinalou que o obxectivo é sacar adiante distintas actuacións como a segunda fase da auga de Suxo, Plan de arranxos das rexillas de recollida dos pluviais no núcleo muxián, a compra dunha nova bomba de captación de auga na ETAP dos Muíños, mellorando notablemente o caudal actual e un novo plan de emprego centrado na limpeza do rural.

Iago Toba critica á oposición de Muxía

“Este goberno nin despilfarra, tal e como os datos demostran, nin falta á verdade como si o fai a oposición. Pero o que si que está a facer este goberno é levar a cabo decenas de importantes obras sen que os aforros se visen afectados, a pesar dos continuos bloqueos e obstáculos da oposición durante toda a lexislatura”, destacou Toba.

Engade para rematar que “os datos obxectivos son o maior inimigo desta oposición desesperada e obsesionada en quitar a este goberno como sexa, aínda que para iso prexudiquen aos veciños e veciñas de Muxía”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos