12.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Ethel Vázquez visita Cee acompañada do candidato do Partido Popular

A Conselleira de Infraestruturas e Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou o concello de Cee acompañada polo aspirante á alcaldía, Jesús Picallo, e polos concelleiros populares, Antonio Domínguez; Agueda María Díaz Mejuto e María Victoria Areas Pose.

Segundo informan os populares este encontro “reafirmou a total sintonía e receptividade existente entre o candidato popular e a Xunta de Galicia”, e onde a conselleira comprometeuse ahumanizar os accesos ás vila e construír a variante ao porto de Brens.

Humanización das tres entradas ao pobo de Cee

Jesús Picallo transmitiu a necesidade “de humanización das tres entradas ao noso pobo, proposta que foi acollida con total apoio por parte de Vázquez, a que tamén se lle trasladou a importancia vital dunha conexión da rotonda co porto de Brens de cara a garantir unha axeitada combinación de seguridade vial e desenrolo económico”.

Tamén plantexaron a necesidade de acometer reformas no casco urbano.

Apoio da conselleira ás demandas do PP

Vázquez declarou que o encontro co equipo do Partido Popular de Cee lle permitiu comprobar que «hai equipo, hai ideas, hai proxecto e Cee necesita un cambio», un cambio que, sinalou, tería comezo coa «transformación da entrada ao pobo para que sexa máis segura e humana».

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos