14.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 24, 2023

Un home faleceu en Dumbría ao saírse da vía o coche no que circulaba

Información- AXEGA 112


O condutor e único ocupante do coche perdeu a vida no punto quilométrico 81 da AC-552.

Ata o lugar do accidente acudiron os Bombeiros de Cee, que interviñeron para liberar ao home, sen que fose necesario utilizar o material de excarceración. Posteriormente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

O accidente produciuse ao fío das 5:00 horas da pasada madrugada.

O 112 Galicia recibiu a alerta do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, a partir de aí, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Cee e da Garda Civil de Tráfico.

Unha persoa foi evacuada en helicóptero


Ademais, unha persoa resultou ferida de gravidade despois de que o coche que conducía se saíse da vía en Muros, na AC-550, á altura do punto quilométrico 34.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente co aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o lugar do sinistro e no que a persoa ferida foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Nada máis ter coñecemento dos feitos, ás 8:20 horas desta mañá, desde o 112 Galicia informouse ao GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da vía de circulación.

FOTO BOMBEIROS COSTA DA MORTE

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos