7.5 C
Santa Comba
viernes, enero 17, 2025

O BNG denuncia a “bancarrota” e o aumento da débeda pública do concello de Camariñas

O BNG de Camariñas manifesta que coa decisión do goberno socialista (aprobada en pleno) de acollerse ao Fondo de Financiamento a Entidades Locais do Goberno e coa débeda recoñecida de 1.353.766,69 € e o período medio de pago a provedores “que o ano pasado chegou a sobrepasar os 140 días”, queda demostrada a mala xestión do executivo que preside Sandra Insua.

«Non son merecedores de cobrar catro dedicacións exclusivas»

“Quedou patente que a Alcaldesa e o seu equipo non son merecedores de cobrar catro dedicacións exclusivas,porque non se pode facer peor, a súa xestión ademais de nefasta, levounos á unha situación de quebra. Levan anos acumulando unha débeda, escondendo facturas no caixón, que imos ter que pagar todos os veciños, con impostos máis altos” declarou o candidato nacionalista Xurxo Rodríguez.

Ana Pasantes e Xurxo Rodríguez nunha recente xuntanza con Xosé Regueira

O BNG quere unha auditoría das contas

Rodríguez Baña adiantou que “co BNG liderando o próximo goberno, realizarase unha auditoría das contas municipais, para saber onde gastou a alcaldesa cada un dos euros do concello, o noso será un goberno marcado pola transparencia”.

Coa solicitude deste préstamo “o goberno local pretende maquillar unha situación insostible e aparentar que non pasou absolutamente nada nestes catro anos, onde nin con maioría absoluta foron capaces de aprobar anualmente os orzamentos”.

O portavoz nacionalista asegura que o goberno local “quería tapar o furado económico cos cartos que ía ingresar cos eólicos, por iso non lle importa que as eléctricas coloquen muíños en calquera parte do municipio, sen importarlle en absoluto a opinión da xente. Non puido ser, e agora temos que sumar un novo préstamo do Estado antes das eleccións para aparentar que as contas están saneadas, cando esta é unha operación para tapar “o raposo con fieitas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos