15.6 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Máis de 1.500 racións servidas na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos

.

A XXIV Festa do Bolo do Pote de Mazaricos celebrouse durante esta fin de semana recuperando as estampas dos restaurantes e as rúas da Picota cheos de comensais dispostos a desfrutar deste prato típico da localidade. Organizada un ano máis polo Concello en colaboración coa Asociación de Amas de Casa El Hórreo, a Asociación de Veciños Monte Picoto e mais o restaurante e hotel Casa Jurjo, a festa volveu ao seu formato tradicional por primeira vez dende o inicio da pandemia.

A degustación gratuíta no campo da feira volveu ser este domingo 5 o momento grande da festa. En total, a organización serviu unhas 1.500 racións deste produto acompañado de chourizo e orella de porco. Dende a 1:30h do mediodía a afluencia de persoas foi constante, contando ademais con animación do grupo de gaitas de Mazaricos e mais da Charanga Alambique.

Tanto o domingo 5, coma onte, sábado 4, os distintos restaurantes colaboradores deste edición serviron xantares e ceas de cocido aos grupos de comensais que fixeron reserva, enchéndose os comedores na práctica maioría de casos. Os establecementos deste ano foron O Verxel, Restaurante Efe-Eme, Casa Jurjo, Pizzería Pinocchio, Asador Manduca, Campamento Corzón, O Curruncho dos López e Casa Pego. Ademais, colaboran a Taberna Casa Senra e mais o Café Bar Alborada.

Ademais, e coincidindo coa celebración do Bolo do Pote volveuse celebrar unha quedada de coches Mini que deu un vistoso toque de cor á festa. Os afeccionados do motor participaron tamén neste grande evento de exaltación gastronómica pioneiro en Galicia.

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín, agradeceu a asistencia dos milleiros de persoas que pasaron por Mazaricos esta fin de semana. Sanmartín considera que a festa foi «todo un éxito» e «unha proba da implicación das asociacións e restaurantes, así como o Concello de Mazaricos, para recuperar a nosa gran festa despois de tanto tempo sen podela celebrar da mellor maneira».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos