7.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Denuncia penal contra varios cargos da Xunta por non declarar a caducidade da mina de Varilongo

A Federación galega de Ecoloxistas en Acción ven de interpor nos xulgados de Santiago denuncia penal contra varios altos cargos da Consellería de Economía, Empresa e Innovación por non proceder a declarar a caducidade das concesións da mina de Varilongo, en Santa Comba.

Así o anunciou este colectivo por medio dun comunicado no que explican que esta mina xalleira abandonouse en 1986 e “A pesar da tentativa de converter a explotación subterránea nunha gran mina a ceo aberto, os funcionarios da Xunta informaron que debía procederse a declarar a caducidade das concesións”.

Posible prevaricación

Ecoloxistas en Acción pensa que se poideron cometer un ou varios delitos de prevaricación:”O feito de que os altos cargos denunciados, denunciando os informes previos, non teñan declarado a caducidade podería ser indiciario dun ou varios delitos de prevaricación”.

Denuncian que “non é o único favor que a Xunta lle fixo á mineira australiana en Santa Comba, pois deixou caducar un procedemento sancionador por vertidos de metais pesados que implicou a contaminación de ríos próximos, presentando estes valores de cadmio centos de veces superiores aos máximos permitidos”.

Ecoloxistas en Acción pedirá tamén ante a ONU o próximo 22 de marzo que se dictamine que foi vulnerada a Convención de Aarhus tanto neste proxecto como no de San Finx.

Demandan á Xunta que se obrigue á empresa australiana a constituír un aval de como mínimo 5 millóns de euros para garantir a restauración, peche e clausura da mina en condicións de seguridade, e advirten que en caso contrario demandarán que os altos cargos responsables que agora ven de denunciar respondan co seu propio patrimonio persoal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos