9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

“Evencio é o mellor alcalde da historia de Carballo e seguirá sendo o mellor para este concello”

Tivo lugar en Carballo a presentación de Evencio Ferrero Rodríguez, cunha mensaxe de Ana Pontón louvando o traballo feito polo alcalde:

“Teño que confesarvos que estou emocionada e moi orgullosa de poder dicir ben alto e ben claro que Evencio é o mellor alcalde da historia de Carballo e por iso vai seguir sendo o mellor para Carballo tras o próximo 28 de maio, porque seguirá contando co apoio, co respecto e co inmenso cariño que lle teñen os veciños e as veciñas dese concello”

E tamén coa portavoz nacional do BNG criticando a falta de apoio da Xunta de Galicia e prometendo apoio decidido se chega á presidencia do goberno galego.

“Teredes unha aliada para que Carballo reciba todo o apoio que merece”.

E engadiu: “Se cun Goberno do PP á contra na Xunta o BNG logrou facer de Carballo un referente, imaxinade o que poderá facer Evencio e todo o seu equipo cando teñan un goberno da Xunta a favor, un goberno liderado polo BNG e que, por primeira vez na historia, conte unha presidenta coas mans libres, coa cabeza e o corazón en Galiza”.

O acto foi presentado por Xurxo Souto. Falou a concelleira Maruxa Suárez, Evencio Ferrero e Ana Pontón.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos