Info-AXEGA 112 – Fotos- Bombeiros Costa da Morte
Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que, finalmente, o ferido puido ser evacuado en ambulancia polos profesionais sanitarios.
Dez minutos antes das seis desta tarde, un particular informaba ao 112 Galicia dun coche accidentado e envorcado na AC-552, no lugar da Lagoa, punto quilométrico 65, en Vimianzo.
Ante a incerteza de que houbese persoas atrapadas, ademais dos servizos sanitarios, ata o lugar, desprazáronse os Bombeiros de Cee, nada máis ser avisados polo 112 Galicia. Tamén, do mesmo xeito, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Tras chegar ao lugar, os axentes da Policía Local indicaron que a persoa estaba accesible pero, sen embargo, os Bombeiros continuaron igualmente ata o punto e encargáronse das tarefas de limpeza da vía, nada máis ser evacuado o ferido.