9.2 C
Santa Comba
martes, diciembre 31, 2024

Sandra Vilela: “En Muxía teremos novo pediatra co voto en contra do partido do alcalde”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que se incluirá unha praza de pediatría, actualmente vacante, e que dará servizo aos centros de saúde de Muxía e Dumbría na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.

Así llo trasladou á candidata do Partido Popular á alcaldía do concello de Muxía, Sandra Vilela, nunha xuntanza.

Convocatoria de máis de 400 prazas

Esta convocatoria de máis de 400 prazas, avanzada este mes polo Presidente Rueda, realizarase a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro no Parlamento galego.

A candidata agradeceu a información achegada polo conselleiro e lamentou a postura de PSdeG e BNG lembrando que, se por eles fora, non se podería realizar este proceso e cubrir esta praza. No mesmo sentido, criticou ao alcalde por encabezar protestas e reclamacións de máis persoal sanitario mentres o seu partido vota en contra das solucións.

“En Muxía teremos novo pediatra co voto en contra do partido do alcalde” manifestou Vilela, recriminando “unha postura partidista que só se explica desde o intento de sacar rédito electoral dos problemas de déficit de médicos de familia e pediatras que existen en toda España, ata o punto de intentar boicotear medidas innovadoras da Xunta como este concurso”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos