Evencio Ferrero non necesita presentación, pero así se denomina a este tipo de actos de precampaña. Leva uns 20 anos como alcalde e desde 1979 na corporación local e aspira a continuar no primeiro sillón municipal.
O venres 3 de marzo, ás 20,30h, terá lugar no Pazo da Cultura un acto no estará acompañado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Tamén participará a edila Maruxa Suárez. A presentación correrá a cargo de Xurxo Souto.
“Por ti, por Carballo”
“Por ti, por Carballo” é o lema que lanzaron desde o BNG. Os nacionalistas lembran o incremento de apoio que vén colleitando Evencio Ferrero, elección tras elección.
De feito o BNG ten 12 dos 21 concelleiros que conforman a corporación local, triplicando en número ao PP, que segue as últimas eleccións a tendencia contraria ao BNG.