12.5 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Máis de 3.000 euros en premios no concurso de disfraces do concello da Laracha

.Mañá será o Martes de Entroido, festivo local no Concello da Laracha e data principal do programa municipal de actividades que se está a desenvolver desde onte.


Ás 17:00 horas principiará na Praza do Concello a verbena que estará amenizada pola Orquesta Los Satélites. No descanso da mesma realizarase o tradicional desfile do concurso de disfraces, no que se van repartir máis de 3.000 euros en premios a outorgar polo xurado formado por representantes do tecido asociativo municipal.

Nas categorías individuais (infantil e adultos) as contías dos premios serán de 60, 50 e 40 euros para os tres primeiros clasificados de cada unha delas. En parellas as gratificacións económicas alcanzarán os 70, 60 e 50 euros. Os grupos optarán a 200, 150 e 100 euros. Os premios para as comparsas ascenden a 600, 500 e 400 euros. Ademais, ata un máximo de dez comparsas non premiadas poderán obter un accésit de 100 euros polo feito de participar.


Aqueles participantes no concurso que formalizaron a súa inscrición para confirmar a asistencia e poder formar parte do desfile deben recoller o seu número identificativo entre as 17:00 e as 18:00 horas na Casa do Concello.


Festa infantil do domingo de Entroido


O programa de Entroido da Laracha comezou no día de onte coa multitudinaria festa infantil celebrada no pavillón do IES Agra de Leborís na que a rapazada puido desfrutar cos inchables, xogos interactivos, mascotas e un DJ que propuxo coreografías e bailes.


Obradoiros infantís


Aproveitando as vacacións nos centros de ensino, o Concello tamén organizou esta mañá obradoiros de elaboración de máscaras e bichiños con lingua nos que participaron, en dúas quendas, unha trintena de nenos.


O mércores pola tarde haberá obradoiros de Entroido para alumnos de primaria, xa con todas as prazas ofertadas cubertas.

FONTE CONCELLO DA LARACHA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos