8.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Un motorista resulta ferido ao bater contra un coche en Camariñas

Información- AXEGA 112 – Foto- Bombeiros Costa da Morte


Un motorista resultou ferido de consideración ao colidir contra un coche, no punto quilométrico 17 da AC-432, á altura do lugar de Area da Vila.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente a través dunha persoa particular, pasados uns minutos das 19:00 horas da pasada tarde.

Nada máis recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia mobilizados, o motorista foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos