12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Celebrouse o Festival de Entroido en Mazaricos

Varios centos de veciñas e veciños mazaricáns participaron hoxe no Festival de Entroido de Mazaricos no recinto feiral, unha tarde pensada para que a rapazada do concello se divertise e lucise os seus mellores disfraces.

Segundo informan desde o concello «O concurso de disfraces foi todo un éxito, con case 70 nenas e nenos participantes. En total repartíronse sete premios: tres en categoría individual, tres por parellas e un para comparsas».

Ademais dos inchables e do obradoiro de máscaras, os asistentes puideron compartir unha estupenda chocolatada con doces típicos de Entroido, non faltando as filloas nin as orellas.

Por outra banda, e simultaneamente, celebrouse o II Torneo de Iniciación á Billarda onde se deron cita afeccionados de todas as idades para redescubrir este deporte tradicional.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos