9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Festival de Entroido en Mazaricos

.O Recinto Feiral da Picota acolle este sábado 18 de febreiro, a partir das 17h, un Festival de Entroido ao que están convidados todos os nenos e nenas mazaricáns. Dentro da programación do festival está prevista a celebración dun Concurso de Disfraces con fantásticos premios.


O concurso contará con tres categorías: individual, por parellas e comparsa. Na primeira categoría, haberá tres premios por valor de 80, 60 e 40 € respectivamente, ademais dunha cesta de produtos. Na categoría de parellas os premios serán de 120, 100 e 80 euros, ademais da cesta. Na categoría de comparsas haberá un único premio de 200 euros e cesta.


O Festival incluirá xogos e actividades para a rapazada, como inchables e piñata. Tamén se levará a cabo un obradoiro para aprender a confeccionar máscaras de entroido. Ademais, a organización ofrecerá chocolate e doces típicos do Entroido como orellas ou filloas.


Esa mesma tarde terá lugar ás 16h o II Torneo de Iniciación de Billarda de Entroido de Mazaricos, orientado a todas as idades e ao público que queira descubrir este deporte tradicional. A inscrición pode facerse por whatsapp no 680 600 806 indicando a idade da persoa participante.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos