16.5 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Luis Insua, a aposta do PP en Fisterra

A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, avalou hoxe a Luis Insua como cabeza de lista da formación popular no Concello de Fisterra para as próximas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio.

Segundo lembran desde o PP, Insua “vive e traballa no municipio onde é propietario dunha asesoría fiscal, contable e laboral de empresas, ademais de estar ligado ao mundo do fútbol polo seu labor como árbitro nos últimos dez anos”.

Con 22 anos formou parte da lista do PP, unha circunstancia que tamén repetiría na última cita coas urnas no ano 2019, o que lle permitiu, recentemente, entrar a formar parte da corporación local.

“Levo preto da política desde moi pequeno”

“Levo preto da política desde moi pequeno cando, con 7 e 8 anos, comecei a ir aos mitins”, recoñece Insua, quen agradeceu a confianza outorgada pola dirección provincial do partido para afrontar o reto das eleccións municipais “con moita ilusión e todas as gañas do mundo para traballar no obxectivo de que lugar onde nacín e a miña xente teñan o futuro que se merecen”.

Agradecemento a José Manuel Traba

Confirmada a candidatura de Luís Insua, desde a dirección provincial popular quixeron agradecer o “gran traballo” realizado polo que fose alcalde e candidato, José Manuel Traba, quen, explicaron, de maneira voluntaria decidiu dar un paso á beira, á vez que se comprometeu a apoiar en todo o que Insua necesite nesta nova etapa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos