O Concello de Muxía presentou hoxe, xoves 2 de febreiro, a programación completa para o Entroido 2023, que inclúe opcións e actividades para todos os gustos e idades, desde concursos de disfraces, música ou obradoiros de entroido para a conciliación ata o tradicional Enterro da Percebe.
A programación comezará o sábado 18 de febreiro, desde ás 17:00h no Paseo Marítimo, coa Gala Concurso de Entroido que presentará a artista Tania Fuegho e que estará amenizada pola discoteca móbil CDC.
A programación da gala será a seguinte:
17:00h Concurso de disfraces infantil (rapazada ata 12 anos)
18:30h Concurso de disfraces adultos
19:30h Concurso de grupos
20:00h Concurso de comparsas
21:15h Sorteo cesta entroido
As persoas participantes do concurso de disfraces infantil e adulto deberán inscribirse previamente, o mesmo día da gala, na mesa do xurado. Así mesmo, as persoas participantes no concurso de grupos e comparsas deberán inscribirse previamente no Concello ou a través da sede electrónica ata o 16 de febreiro.
Sorteo de cesta e degustación de doces de entroido
Durante a gala, toda persoa que veña disfrazada poderá recoller unha rifa para o sorteo da cesta de entroido na mesa do xurado e tamén haberá unha degustación de doces de entroido.
Os premios de categoría infantil serán:
1º Premio: 100€
2º Premio: 50€
3º Premio: 25€
Os premios de categoría adulta serán:
1º Premio: 150€
2º Premio: 100€
3º Premio: 50€
Para a categoría grupal haberá un único premio de 200€ e esixirase a participación de mínimo 4 persoas (adultos ou infantil ou mixto) sen obriga de actuación musical nin coplas.
Para as comparsas deberá ser de obrigado cumprimento unha participación mínima de 5 persoas con actuación escénica, musical ou baile.
Os premios para as comparsas serán:
1º Premio: 900€
2º Premio: 400€
3º Premio: 200€
Obradoiros concilia de Entroido
Para as xornadas do luns 20, martes 21 e mércores 22 de febreiro, están previstos os obradoiros de entroido para favorecer a conciliación familiar nestas datas festivas.
A actividade terá lugar en horario de 11:00 a 13:00 h e será preciso realizar unha inscrición previa no Concello do 6 ao 15 de febreiro. As prazas para esta actividade son limitadas.
Enterro do Percebe
O Entroido finalizará co tradicional Enterro da Percebe, previsto para o mércores 22 de febreiro. Comezará ás 17:00 horas cos “Contos de rúa” con Caxoto que realizarase no Edificio Servizos Múltiples.
A continuación, ás 18:00 horas haberá unha Procesión co percebe polas rúas de Muxía ata o paseo marítimo. E por último, as persoas asistentes poderán gozar dunha queima e gran chocolatada.
Tras a presentación do Entroido de Muxía 2023, a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, quixo “animar a toda a veciñanza a disfrazarse e a gozar deste entroido tomando parte das actividades organizadas”.
Fonte- Concello de Muxía