A mellora da rede viaria e un proxecto de emprego centra a proposta para o POS 2023 plantexada desde o goberno socialista de Muxía, que se presentará no pleno do vindeiro luns 13 de febreiro.
No tocante a mellora viaria, o goberno de Iago Toba propón a a reposición total do firme e a mellora da estrada que une o areal co núcleo de Vilela e de Nemiña.
Ademáis pretende destinar os fondos provinciais ao acondicionamento con aglomerado en tódolos accesos ao núcleo de Touriñán, é a construción en aglomerado da vía que une Alberguería (cruce de Agreiras) ata pasado o núcleo de Os Castelos. O equipo de goberno tamén inclúe na proposta a mellora da vía que une Quintáns coa praia do Lago, facendo así as conexións coa estrada que se vai a construír de Lago a Leis.
Proxecto de “limpeza e creación de emprego”
O goberno local propoñerá investir máis de 108.000 euros deste POS 2023 “na creación dun novidoso programa de limpeza para o municipio que ao mesmo tempo xerará emprego na propia vila”En referente ao POS Social, o goberno local tamén pretende destinar unha importante cifra que ascende a case 80.000 euros.
Tras o anuncio do proxecto de investimento deste POS, o alcalde de Muxía, Iago Toba, destacou que “este plan de obras e de emprego é unha nova mostra de que este goberno pensa e inviste en mellorar Muxía con datos, con proxectos e con realidades”.
O concelleiro de obras, Javier Romar, puxo en valor “a aposta en firme deste goberno local por mellorar a rede viaria de Muxía e por poñer solución a demandas históricas da veciñanza”.