Alternativa dos Veciños anunciaba recentemente a súa participación nos comicios municipais do 28 de maio.
Hoxe fixo público o nome da persoa que encabezará a candidatura. É Áurea Domínguez Sisto, Licenciada en Dereito, e veciña da parroquia de Sardiñeiro.
Segundo indican desde Alternativa dos Veciños esta muller leva nesta localidade “máis de vinte anos exercendo como asesora fiscal, laboral e contable” sendo ademais “unha persoa comprometida coas entidades veciñais do municipio”.
FOTO FACEBOOK ALTERNATIVA DOS VECIÑOS