9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

“Muxía necesita un cambio de rumbo na súa política, necesita aglutinar o voto ao redor de Sandra Vilela”

Son palabras do presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo na presentación de Sandra Vilela como candidata a alcaldía de Muxía.

«Amor por Muxía de Sandra Vilela»

“Fales con quen fales, todo o mundo coincide nun idea, pouca xente sente e quere a este concello como Sandra” afirmou Calvo, destacando o “amor por Muxía” da candidata popular:

”Desde que se levanta ata que se mete en cama, dá igual que estea no Concello que co seu traballo á fronte da súa empresa, na cabeza de Sandra están sempre os veciños, os seus problemas e como facer para solucionalos”.

O presidente dos populares coruñeses falou da situación política de Muxía:“Os veciños de Muxía saben que se non é polo Partido Popular quedan sen o investimento de POS da Deputación que lles corresponde, pero, por desgraza, non podemos solucionar todos os problemas que se xeran do caos que vive o goberno local”.

Pediu o apoio dos veciños xa que “Muxía necesita un cambio de rumbo na súa política, necesita aglutinar o voto ao redor de Sandra para non ter que depender, unha vez máis, de pactos que xa se viu como terminan”.

Unha alternativa atractiva en Muxía

Pola súa banda, Sandra Vilela, que agradeceu as palabras do presidente provincial, e a confianza na súa persoa, comprometeuse a “seguir co traballo que levamos facendo estes anos co mesmo compromiso, a mesma humildade e a mesma lealdade que sempre tivemos porque non coñezo outra maneira de facer política local”.

Neste obxectivo, a candidata popular mostrouse convencida de que, desde a “unidade de todos veciños de Muxía”, a súa formación presentará unha “alternativa o suficientemente atractiva” para contar co apoio necesario para que o concello cambie e tome a “dirección correcta” que tanto necesita e así poder mellorar as parroquias do rural, o centro do municipio e a “nefasta” xestión económica.

O Partido Popular de Muxía só cree nun pacto: o pacto con todos veciños que aspiran a que Muxía recupere o lugar na comarca que nunca debeu perder”, dixo a popular.

No acto tamén estivo presente o secretario xeral provincial, Evaristo Ben, Gonzalo Trenor e representantes do partido na bisbarra.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos