15.5 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Alternativa dos Veciños concorrerá ás eleccións municipais en Fisterra

Alternativa dos Veciños, a formación liderada polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, concorrerá as eleccións no concello de Fisterra.

Desde o partido confirman que un grupo de veciños xa está traballando no proxecto e van a presentarse “atendendo á complexa situación na que se atopa o municipio de Fisterra, como consecuencia de xestións nefastas ou de nulas xestións, que orixinaron décadas perdidas en canto a crecemento, desenvolvemento e avances do municipio”.

Nun comunicado engaden que “con toda a humildade, pensamos que o Concello de Fisterra necesita urxentemente un cambio de rumbo, para poder reverter as malas políticas que se veñen facendo e que tanto dano causaron ao municipio e ao conxunto da veciñanza”.

En vindeiros días darán a coñecer o nome do seu candidato á alcaldía e en vindeiras semanas ás persoas que formarán parte da candidatura electoral.

Alternativa dos Veciños goberna o concello de Oleiros desde 1979 e desde 2019 no concello de Carral, e formando parte dos gobernos de Bergondo e Sada e con presenza en Cambre, Culleredo e Arteixo. Ademaís teñen un deputado provincial.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos