9.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Serxio Domínguez repite como candidato e pide “un cambio de modelo en Cee

O actual portavoz do BNG en Cee, Serxio Domínguez Louro, volve a ser o candidato do BNG á alcaldía do concello de Cee.

O candidato manifestou que “En Cee é necesario e urxente un cambio de modelo, e o BNG ten demostrado, alí onde goberna, que é capaz de levar a cabo os cambios precisos para mellorar as vilas e as aldeas. Queremos abrir un tempo novo en Cee, tempo de alegría e de ilusión, de esperanza e sen crispacións nen malas caras, é tempo doutra maneira de facer política … ”.

“Demostramos que estamos preparados para gobernar”

Completou as súa declaracións deste xeito:“Quero mostrar o meu agradecemento aos compañeiros e compañeiras que unanimemente respaldaron a miña candidatura para seguir liderando o proxecto que o Bloque Nacionalista Galego ten para Cee, e decirlles tamén que me sinto orgulloso desta organización e do equipo que me rodea. Levamos moitos anos traballando e pelexando para facer do noso pobo un lugar mellor, demostramos que o BNG está preparado para gobernar, e así o din as propostas construtivas que benefician aos nosos veciños e veciñas ou as horas de conversas coa veciñanza dun e doutro lugar do concello”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos