9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Iago Toba:“Teño ilusión, teño ganas e teño forza para seguir traballando por Muxía”

Gran ambiente no Pazo Virxe da Barca na presentación de Iago Toba como candidato á alcaldía de Muxía. Veciños, alcaldes e cargos da zona non quixeron perder esta cita, como tampouco faltou o o secretario Xeral do PSdG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, como do secretario Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.

Incluso chegaron mensaxes de apoio por vídeo, como por exemplo da alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e varios alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte.

Discurso de Iago Toba

Non estivo exenta de emotividade a intervención de Toba que quixo“dar grazas aos familiares, compañeiros e sobre todo aos veciños e veciñas por estar nos momentos mais duros desta lexislatura. Teño ilusión, teño ganas e teño forza para seguir traballando por Muxía e para dicirvos que non teñades ningunha dúbida que co voso apoio seremos imparables”.

“Priorizando sempre Muxía”

Non obviou a complexa lexislatura que viviu: “Xa demostramos nos momentos máis difíciles destes catros anos que sabemos estar ao lado da xente e que a pesar dos transfuguismos e dunha oposición destrutiva, sempre actuamos e pensamos en positivo, buscando o ben común e priorizando sempre unha cousa, Muxía”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos