13.4 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Colaboración do concello co blog Crónicas da Laracha

O blog Crónicas da Laracha (https://cronicas-da-laracha.blogspot.com/) é un espazo web creado polo escritor e historiador arteixán Xabier Maceiras no que leva máis de un ano publicando semanalmente entradas de diversos contidos relacionados co noso municipio.


Os artigos presentan un alto valor para o concello porque recuperan datos, información e fotografías sobre persoeiros laracheses que ao longo da historia destacaron en diferentes eidos (deportivo, cultural, artístico, político, etc.), pero tamén sobre antigas actividades, comercios, costumes, espazos, contos, lendas e outros moitos contidos de interese que están agora a disposición dos internautas.


O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Cultura, Patricia Bello, recibiron ao autor do blog para formalizar a colaboración do Concello con esta iniciativa. O rexedor animouno a “continuar traballando na recuperación de todas esas informacións que poñen en valor tanto á xente larachesa como a historia do municipio”, incidindo en que “son de interese xeral, tamén forman parte do noso patrimonio inmaterial e sen o teu traballo se perderían para sempre”.

Crónicas da Laracha


Xabier Maceiras apuntou que nos dezaseis meses de vida do blog Crónicas da Laracha recibiu preto de 44.000 visitas, das cales 2.000 foron conexións desde os Estados Unidos, máis de 600 desde Suíza e con presenza, tamén, de países como Francia, Irlanda, Arxentina, Canadá e Uruguai, entre outros.


Ademais, adiantou que cara o verán ten previsto publicar o seu primeiro libro de contidos exclusivamente relacionados coa Laracha, que versará sobre os antigos salóns de baile e que recompilará a serie de artigos sobre esa temática xa publicados no propio blog. Tamén apuntou que está a traballar noutro libro sobre as antigas telleiras da Laracha que verá a luz previsiblemente a finais de ano. O noso municipio xa tivera presenza noutras dúas obras súas como son 100 anos de fútbol en Arteixo e A Laracha e Antoloxía das confidencias de Picadillo.


Para facilitar a acceso a Crónicas da Laracha, o Concello incluirá na web municipal www.alaracha.gal un banner que dirixirá ao blog de Xabier Maceiras.

FONTE- CONCELLO DA LARACHA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos