9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Satisfacción en Mazaricos pola difusión do vídeo #IstoéMZ

Desde o concello de Mazaricos, o concelleiro de Turismo, Jorge Sanmartín, amosou a súa satisfacción polo “éxito” do Vídeo #IstoéMZ que foi lanzado nas redes sociais coincidindo con Fitur.

Segundo o concello o vídeo acadou a través das distintas redes sociais a case 112.000 usuarios dende que foi publicado hai 15 días.

#IstoéMZ

“No vídeo, un grupo de veciñas e veciños de Mazaricos expoñen, con moi bo humor, as cousas que vale a pena coñecer na localidade e os motivos polos que lles gusta vivir nela. Non faltan lugares emblemáticos como as fervenzas ou manxares como a carne, o pan ou as filloas mazaricás” explican nunha nota de prensa.

Jorge Sanmartín agradeceu a participación de toda a veciñanza que aparece ao longo do escaso minuto de metraxe, onde salienta o peche a cargo de Ara Nieto, gañadora do concurso Recantos do programa Luar na Televisión de Galicia, A Asociación de Amas de Casa El Hórreo de Mazaricos “e un bo número de hosteleiros e comerciantes mazaricáns aparecen tamén nunha peza que apela ao orgullo polas raíces propias”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos