10 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

O PSOE de Coristanco demanda a mellora da seguridade peonil no núcleo de A Braña

O candidato socialista á alcaldía de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, demandou a mellora da seguridade peonil na estrada provincial DP 1911 ao seu paso polo núcleo de A Braña, na parroquia de Erbecedo.

Visitou a zona acompañado polo secretario provincial do PSdeG e portavoz socialista na Deputación, Bernardo Fernández, ao que lle trasladou anecesidade de acometer obras que melloren a seguridade dos numerosos veciños e veciñas que se desprazan cada día a pé pola zona e que carecen dun paso peonil seguro, o que os obriga a camiñar polo borde da calzada.

“Trátase dunha zona con vivendas e os veciños trasládannos a necesidade de mellorar a seguridade, especialmente para os peóns” afirmou Pérez Abelenda.

A Deputación redactará o proxecto

O portavoz socialista na Deputación, Bernardo Fernández, confirmou que o servizo de Vías e Obras conta cunha petición da veciñanza da zona para mellorar a seguridade neste núcleo e anunciou que encargarán a redacción dun proxecto técnico para mellorar a seguridade nesta estrada provincial.

Esta pasada fin de semana tiña lugar a presentación de Pérez Abelenda como candidato á alcaldía de Coristanco.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos