9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Avanza o proxecto de residencia de maiores de Pino de Val

Avanza en firme o proxecto de transformación do antigo CEIP Pino de Val nunha residencia da terceira idade e xa conta cunha memoria técnica mentres a comisión de seguimento municipal estuda un plan de viabilidade que contempla o investimento de 2.194.000 €.

Residencia con 50 prazas

Segundo informan desde o concello as modificacións sobre o complexo, de 1.300 metros cadrados de edificación nunha parcela de 5.600, permitirán a instalación dunha residencia de maiores con 50 prazas.

Está previsto que poida entrar en funcionamento en 2024.A concesión contempla condicións prioritarias de acceso e un precio reducido para a veciñanza mazaricá.. A previsión é que as obras se inicien dentro duns meses e a residencia funcione en 2024.


Características Residencia Pino de Val


Na planta baixa do edificio habilitaranse unha zona médica, unha enfermaría con baño, unha área de illamento, unha lavandería e un comedor. Tamén se construirán dez habitacións dobres con cadanseu baño e outras dúas individuais.

Na planta superior serán 18 as habitacións dobres con equipamento completo. No proxecto inclúense varias zonas comúns para o uso das persoas usuarias no lado esquerdo do edificio, que acollerá igualmente unha área administrativa. Habilitarase tamén un local social na antiga casa do conserxe.

Juan Blanco

O alcalde, Juan Blanco, considera que “pensamos que é un bo uso para ese inmoble. Con isto ábrese unha posibilidade da que non se dispoñía e que permitirá dar un servizo do que agora non dispoñen os veciños da localidade”.


Sobre o proxecto, Blanco amosouse satisfeito de que se dean pasos para sacar adiante un proxecto “especialmente complexo”. Lembrou que “houbo moito traballo previo, moitas entrevistas e moitas visitas a centros similares co fin de ver a viabilidade”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos