9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Pérez Abelenda: “O cambio en Coristanco só será posible cun goberno socialista”

José Manuel Pérez Abelenda volverá a optar a alcaldía de Coristanco. Este sábado presentou a súa candidatura acompañado pola Secretaria de Estado de Cooperación Interacional, Pilar Cancela e polo secretario xeral provincial Bernardo Fernández.

“O cambio no noso concello só será posible cun goberno socialista e progresista” afirmou Pérez que se comprometeu a a escoitar á veciñanza cun proxecto “realista e executable”.

Lista de progreso en Coristanco

O candidato socialista explicou que elaborará “unha lista de progreso”, na que se integren novos perfís e compañeiros que formaron parte da candidatura nas eleccións de 2019.

Bernardo Fernández lembrou pola súa parte “as diferentes formas de facer política do PSOE e do PP nos concellos”, animando á veciñanza de Coristanco a “confiar en José Manuel Pérez Abelenda, que ten como único obxectivo mellorar a vida das persoas deste concello».

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos