16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Anxo Ares: ”Santa Comba está illada gracias ó abandono dos políticos dos últimos 20 anos”

Anxo Ares é o secretario xeral do Partido Galego de Santa Comba. No acto de presentación que se celebrou este sábado fixou dúas cuestións prioritarias para o seu grupo: a transparencia e a participación cidadá.

Para Ares actualmente hai unha “falsa” transparencia no concello “redúcíndose á publicación dos plenos e á exposición pública de certas xestións políticas que son de obrigado cumprimento”.

O Partido Galego quere que se fagan públicas “as comisións informativas, as comisións de goberno e tamén as mesas de contratación”, e que se facilite a participación veciñal para que o concello sexa “un espazo aberto e transparente.

“Santa Comba está ubicada estratéxicamente pero está illada gracias ó abandono dos políticos dos últimos 20 anos que nada fixeron por este concello e nin siquera coidaron o que tíñamos” afirmou Ares.

Montse Almozara, César Pazos e Beatriz Estévez

No acto tamén falou outra xalleira, Montse Almozara, Secretaria de Finanzas e membro da Executiva Nacional do PG, que dixo alusión ós tres piares do partido: O galeguismo, o ecoloxismo e o rural.

Pola súa banda, César Pazos, membro do Consello Nacional e Secretario Local de Vigo, incidiu na labor que fai o PG como continuador do galeguismo que no seu momento albergou o Partido Galeguista de Alexandre Bóveda e Castelao.


Tamén falou Beatriz Estévez, da Executiva Nacional e Secretaria de servizos públicos, que fixo fincapé na importancia dos servizos públicos que “no Partido Galego identificamos como os 5 piares do benestar social. Sanidade, educación, servizos sociais, pensións e renda básica universal”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos