9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Rueda propón o PP como alternativa ó “modelo sanchista” que está presente en Cee

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, apoiou ao candidato á alcaldía de Cee nun acto celebrado na Casa da Cultura.

Asegurou que Jesús Picallo está chamado a sacar a Cee “das pedras do conformismo e da inercia onde o deixaron encallado catro anos de socialismo”.

Neste senso afirmou que nas vindeiras eleccións municipais enfrontaranse dous modelos:

” O modelo sanchista de división, afán de poder e crispación que está presente en moitos concellos como Cee e o modelo de estabilidade, unidade e centralidade que representa o Partido Popular”.

Definiu a Jesús Picallo como «unha persoa dedicada ao benestar da xente e puxo en valor os seus anos de dedicación á hora de facer que a Costa da Morte, e por tanto tamén Cee, sexan un dos destinos máis atractivos para visitar».

Trasladoulle que como alcalde seguirá tendo a responsabilidade «de seguir ofrecendo un Cee atractivo para visitar, pero tamén un Cee atractivo para investir, para fundar unha familia e para vivir».

“Somos un partido capaz de arranxar o asfaltado dunha rúa e de construír grandes infraestruturas; capaz de axudar ao pequeno comercio e de atraer investimentos; capaz de estar ao carón dos veciños e de erguer centros de saúde ou ofrecer a gratuidade das escolas infantís”.

Pola súa banda, o candidato ceense apelou á creación dun “gran equipo” que sexa capaz de presentar unha alternativa “sería e comprometida” fronte a un Goberno local “caduco” e incapaz de presentar proxectos de futuro.

O popular lembrou que foron os gobernos municipais do Partido Popular os responsables de sacar adiante os últimos proxectos importantes do municipio como a Casa da Cultura, o parque de bombeiros ou a piscina.


Fixo fincapé en que a súa formación recibe o apoio maioritario dos veciños nas eleccións autonómicas e xenerais e que chegou o momento de que iso suceda tamén nas municipais
Avanzou que o seu obxectivo é chegar a todos os veciños de Cee e apuntou que traballará para mellorar o turismo, a situación das empresas, dar máis oportunidades á mocidade e, desta maneira, recuperar a importancia social e económica dun municipio que debe volver ser a locomotora da comarca.

No acto tamén participou o presidente provincial, Diego Calvo.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos