No seu programa de música de orquestras en Radio Xallas, na edición deste xoves Xosé Manuel Lema lembrou ao histórico cantante da orquesta Finisterre, Jorge Velo, cunha breve semblanza e partillando dous temas que gravou nos anos oitenta “Cante” e “Nuestro Juramento”
Este é o audio coas palabras
E este o texto
No vindeiro mes de maio cúmprense cinco anos do falecemento dun cantante histórico da verbena galega e dunha fenomenal persoa.
Penso que nun espazo musical adicado as orquestras como este que presento cada xoves en Radio Xallas non podería faltar unha lembranza do grande Jorge Velo.
Jorge Velo Bouzas naceu na Cruz de Agrelo, na parroquia coristanquesa de Cereo.
Foi coñecido por ser o cantante da orquestra Finisterre durante moitos anos, e cunha voz e cun carisma indiscutible. A orquestra Finisterre chegou despois de militar na Iris de Baio e Nos Bardos.
Tiven a fortuna de coñecelo como artista nas verbenas da comarca de Soneira, pero tamén como gran home que era, pola súa vinculación a Ponte do Porto, onde é a súa dona, e onde mantiña unha conexión moi directa. Na terra porteña foi soterrado no 2018.
Un accidente de tráfico mudou a súa vida. Pero xa daquela era un artista recoñecido e popular. Unha voz que segue viva na memoria do pobo porque o seguimos lembrando. Porque seguimos escoitando as súas interpretacións e seguimos homenaxeándote a ti que estás ai arriba mirándonos. Grazas Jorge Velo.
Para escoitar o programa musical enteiro, neste podcast desde o minuto 10