Será o sábado 4 de febreiro, ás 20h no Pazo da Virxe da Barca. Acompañado polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e polo secretario provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, o actual alcalde de Muxía, Iago Toba Campaña, presentará a súa candidatura á reelección.
“Presento esta candidatura con toda a ilusión, ganas e forza do mundo xa que traballar por Muxía e para os meus veciños e veciñas é algo que vivo con orgullo”, destacou Toba.
Tamén fixo alusión á “dura” lexislatura que se viviu en Muxía e manifestou:”O voso cariño e respaldo será o noso combustible. Se con todos os obstáculos e problemas fomos capaces de facer grandes cousas, estade seguros que co voso apoio somos imparables”.