13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Vimianzo presentou a súa oferta turística en Fitur

O Concello de Vimianzo estivo presente esta tarde en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro, con todo o seu potencial patrimonial, turístico e cultural para continuar a súa consolidación como un dos puntos de referencia da Costa da Morte.


Hoxe, ás 18:30 horas, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, saiu á palestra do stand de TURESPAÑA para presentar unha peza audiovisual con enclaves únicos situados ao longo das 14 parroquias do municipio.

Recursos de Vimianzo


Seguindo a liña temporal e a pegada do ser humano nos diferentes elementos naturais e arquitectónicos como fío condutor, no vídeo o público poderá divisar lugares especialmente significativos para a veciñanza de Vimianzo e da comarca da Costa da Morte como son os Penedos de Pasarela e Traba; os cabalos salvaxes que dan vida ao Monte Faro; o dolmen da Pedra da Arca, enmarcado nas pegadas do megalitismo na bisbarra; o castro das Barreiras; os Batáns do Mosquetín; o cruceiro de Cheis, sobre o que ademais se está levando a cabo unha investigación para saber se é o máis antigo de Galicia; o Castelo, cuxa festa foi declarada o pasado ano como de Interese Turístico de Galicia; a tradicional Fagía de Carnés e o lugar de Cereixo, coa súa igrexa e a importancia da Translatio para, finalmente, volver

aos Penedos durante o solpor, despedindo unha xornada entre a esencia da Costa da Morte: terra, mar e historia.


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, comezou a súa intervención agradecendo a TURESPAÑA a cesión do espazo para poder amosarlle ao mundo o noso municipio”, así como “á Ministra Maroto e a todo o seu equipo, e tamén ás persoas presentes por escoitarnos e compartir con nós un anaquiño tan especial como este”.


Quixo lembrarse tamén “de toda a veciñanza, orgullosa da nosa terra, e a persoas que tiveron parte de ‘culpa’ nos recentes descubrimentos e posta en valor do patrimonio vimiancés: Manuel Rial, Damián Álvarez, Víctor Santos, equipo técnico municipal, asociacións, visitantes…”, enfatizando que “sin eles sería imposible estar aquí hoxe”.


Rodríguez rematou a súa intervención dicindo que “sirva aquí, hoxe, este momento, como continuación a algo realmente precioso e vital para nós. Sigamos traballando coa ilusión do primeiro día para que Vimianzo continúe á vangarda, marabillando ós vosos ollos”.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE VIMIANZO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos