José Manuel Pequeño Castro deixará o despacho da alcaldía de Dumbría, xa que non optará a reelección dun cargo que ostenta desde 1983.
Así o confirmou o propio Pequeño a este medio de comunicación, despois de que trascenderá a noticia desde a capital de España, onde se encontra o mandatario dumbriés e presidente da Asociación de Camiños a Fisterra e Muxía, asistindo a FITUR.
Aparte da evolución do propio concello e da xestión avalada nas propias urnas con amplas maiorías absolutas, José Manuel Pequeño é un auténtico referente do Partido Socialista e persoeiro distinguido da Costa da Morte.
Nesta lexislatura tamén vén exercendo como deputado de Vías e Obras do organismo provincial.
Aínda que terá que ser confirmado pola militancia do partido todo apunta a que o sucesor será o veterano concelleiro Rául González Lado, secretario xeral dos socialistas dumbrieses.