O Círculo de Podemos en Laxe organiza un encontro aberto o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 19h no local Valle Inclán da localidade mariñeira.
Segundo explican desde a formación morada “a finalidade é a de escoitar aos nosos veciños e veciñas para enfocarmos e guiarmos cara ás eleccións do mes de maio”.
O acto enmárcase no calendario de actos conxuntos que está desenvolvendo Podemos con motivo do seu noveno aniversario.
No mesmo terá lugar a presentación da equipa do partido “e do traballo realizado neste ano e medio de existencia, que queremos que sexa enriquecido coas ideas que nos poidan aportar os asistentes” segundo explica o voceiro e candidato de Podemos á alcaldía de Laxe, Fernando del Moral Regaldie.