A asociación de veciños de San Xoán de Grixoa presentou un escrito diante da alcaldía de Santa Comba no que denuncian “o estado precario e lamentable que se atopan as vías de comunicación na aldea de San Xoán de Grixoa”.
Tamén se interesan polos motivos polos que o concello arranaxou “só unha pista a cal solo da acceso a unha vivenda, quedando as vías moito máis transitadas sen arranxar”.
«Xa non se pode esquivar das fochancas»
Desde a entidade veciñal piden que se repare a estrada de Grixoa a Armán así como as pistas interiores da aldea “de forma urxente”.
Acompañan reportaxe fotográfica na que dan conta da situación das pistas de Paía, Aspra. Casanova, da Escola a Casanova, ou a que comunica Grixoa con Armán onde «xa non se pode esquivar das fochancas”.