10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Aprobada a concentración parcelaria de Freixeiro

Luz verde no Consello da Xunta do pasado xoves a 9 concentracións entre elas a da parroquia de Freixeiro, no concello de Santa Comba.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, puxo en valor a aprobación o pasado xoves no Consello da Xunta de novas concentracións parcelarias en Galicia.

Trátase dun total de nove, localizadas en sete concellos galegos e que reorganizarán máis de 8.900 hectáreas de terreo e beneficiarán a 5.600 propietarios. Unha das zonas é a da parroquia de Freixeiro en Santa Comba.


No caso de Freixeiro a concentración parcelaria afectará a unha superficie de 1.677 hectáreas, a unhas 10.250 parcelas e a 706 propietarios.


Alfonso Rueda enxalzou a figura da concentración parcelaria por ser “instrumento fundamental” para o desenvolvemento do agro galego xa que, segundo esgrimiu,permite reducir custos ás explotacións; axuda a fixar pobación; ademais de que a considerou como “moi importante” na prevención de lumes nos montes da comunidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos