10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Diego Calvo pide apoio por que en Mazaricos “a xente é maioritariamente do PP”

O presidente provincial do Partido Popular lanzou unha mensaxe para tódolos veciños que algunha vez votaron ao Partido Popular no concello de Mazaricos:

“Aquí a xente e do PP. Iso é o que demostran nas eleccións autonómicas e nas xerais e agora toca que o demostren tamén nas municipais. Temos que conseguir que eses veciños se sintan identificados co noso proxecto, un proxecto que tamén é o proxecto de Alfonso Rueda e de Alberto Núñez Feijoo”.

Diego Calvo fixo estas declaracións no acto de presentación do novo candidato do Partido Popular, José Manuel Caamaño, e que se desenvolveu na Casa da Cultura da Picota.

Críticas ao BNG

E onde tamén lanzou críticas cara o BNG:”“Que ninguén esqueza que detrás das decisións do PSOE en Madrid está sempre o voto do BNG. Un voto que serviu para aprobar a ‘Lei do si é si’, os indultos aos condenados de Cataluña ou para apoiar as esixencias de Bildu”.

Segundo Calvo Pouso: “tentan enganar a xente, pero logo son os primeiros en falar da independencia de Galicia ou de compartir a papeleta con Bildu e eses, non o esquezades, son os mesmos que gobernan en Mazaricos”.

O “sentimento de pertenza” do candidato Caamaño

Fixo un chamamento a unión do partido e o respaldo ao candidato:“Veño aquí a pedirvos que botedes unha man, que axudedes a José Manuel a poder conseguir a alcaldía de Mazaricos. Solos non o imos a conseguir, pero se o facemos entre todos, se nos implicamos todos, seguro que imos poder logralo”.

Pola súa banda, Caamaño, que aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo realizado polos anteriores candidatos populares Santos Maneiro, Nico Martínez e Sergio Noya, incidiu en que chega á política para buscar “o ben común” de todos os veciños de Mazaricos e recalcou o seu “sentimento de pertenza” a un municipio ao que regresa convencido de que pode achegar o seu grao de area para afrontar o futuro con máis oportunidades para todos.

No acto tamén estivo o secretario xeral provincial, Evaristo Ben, Gonzalo Trenor ou os alcaldes da Baña, Noia e Muros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos