7.3 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Denuncian o mal estado do merendeiro de Grixoa de Esternande

Desde a asociación de veciños de Grixoa de Esternande – Minas de Varilongo queren “denunciar o estado actual do merendeiro, feito de xeito altruista polos veciños da parroquia coa colaboración do concello na época de David Barbeira”.

Quéixanse da existencia de “ponlas e restos de árbores tiradas no merendeiro” e a presenza de “bloques de formigón que non sabemos de quen son, que obstaculizan e representan un auténtico perigo para os coches”.

Piden a limpeza da contorna deste merendeiro chamado “O lavadoiro da casa da fonte” ubicado no lugar da Cotoleira.

Aseguran que esta situación xa se prolonga desde hai semanas e que incluso houbo veciños que se dirixiron ao concello pedindo unha solución.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos