Foto Teca foi o establecemento gañador do XVI concurso de escaparates organizado polo concello de Santa Comba, coa colaboración da asociación de empresarios.
Participaron 15 locais e o xurado estivo formado por Catarina López Negreira, Ana Mª Garcia Gerpe e Yolanda Vázquez Calvelo.
Estes foron os premiados e o premio que lle corresponde:
1º Premio – Foto Teca 350€ en vales de compra.
2º Premio – HolaMobi Santa Comba 250€ en vales de compra.
3º Premio – Slage Pinturas e Barnizados 175€ en vales de compra.
4º Premio – Gestoría Pose 125€ en vales de compra.
Tamén houbo un premio especial das Redes Sociais para Farmacia Garrido del Río ((100€ en vales de compra no Comercio Local) que foi o último en facerse público.
Na anterior edición o escaparate mellor valorado foi o de Zapatería Pisotones
FOTOS-Web concello de Santa Comba