13.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 24, 2023

Un coche caeu por un terraplén de cinco metros en Cee


Segundo informou AXEGA 112 , en Cee, un home resultou ferido ao caer o coche que conducía por un desnivel duns cinco metros.

O accidente produciuse na estrada que vai de Cee a Muros, na ponte de Brens.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente ao fío das 23:30 horas.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos membros de Protección Civil, o turismo rematou nunha leira e foi necesario que os Bombeiros auxiliasen ao ferido para saír do vehículo e evacualo ata a ambulancia nunha padiola. Posteriormente, o home accidentado foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital Virxe da Xunqueira.

foto- BOMBEIROS COSTA DA MORTE

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos