Podemos Laxe enviou un escrito destinado ao delegado territorial da Xunta en Coruña, Gonzalo Trenor, pedindo que se inclúa este concello no plan de mellora de paradas de bus anunciado polo goberno goberno galego.
Critican a ausencia de Laxe :“Descoñecemos se a marxinación á que nos vemos sometidos é consecuencia da inacción da equipa de goberno municipal ou de aqueles que dirixen a administración autonómica”, afirma o voceiro e candidato á alcaldía, Fernando del Moral Regaldie.
Nun comunicado de prensa con material gráfico dan conta do “mal estado no que están as que se encontran aquí” e esixen “a rectificación das medidas tomadas, e que se inclúan neste investimento as paradas de bus sitas en Laxe”.
Desde o Círculo de Podemos de Laxe engaden:”Estamos seguros de que, a partires do 28 de maio de 2023, cun goberno progresista en Laxe, deixarémonos a pel para que as diferentes administracións atendan as necesidades do noso Concello”.